domingo, 28 de agosto de 2011

Mudhoney [borrador 1]

Un heroe impasible
cálido
eléctrico
estupefacto.
Pensar en cada fibra e
arrincar esa tira de goma queimada na que pon o meu nome.

Grunge
Grunge
Grunge.
Mudhoney é
o terrible e o pracenteiro
morder o limón con cortes nos beizos e o mel
escuro
que embadurna o fondo dos ollos
da mirada fixa
amar a tenrura coa que torturas
[toma 2]
de perversidade metida na cunca da man
de adoración
poño unha máscara azteca
para ...
perdín o fío.

Quérote.
Non?
Si
Pode ser que chova quente?
Si
por favor
unha chuvia miudiña
que me cale os ósos
me abrande no sopor
dunha noite en vela.

No hay comentarios:

Publicar un comentario