viernes, 19 de agosto de 2011

Amor dos quince anos, Marilyn.

Pensar no ferrocarril
para conservar a pel.
É tan só un mimético camaleón que busca a calor
no centro da praza grande
(ou nesa lingua estraña coma goma de mascar que conta e abre os ollos).

Se un puma estoupa reventado de napalm será porque te amo?
Ao cambiar o fondo de diapositivas cambiará tamén
o tempo
a estrutura
camaleón, cinco segundos,
e eu dareiche cubos e cubos
de chocolate
para que sempre estes en débeda comigo.

Pero iso xa non importa noutra diapositiva
porque queres facer un dúo coa guitarra ás costas
e non atopas razóns abondo
que che collan no oco da man e che aten coma algas infectas.




Rendición
ante as luces de neon pola rúa dos surtidores de augas ananas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario