lunes, 25 de julio de 2011

Bebendo te. [investigar erro de teclado]



Na casa orgánica
[...]
por non terme intoxicado abondo
coa túa presenza.

Diana.

As cacerolas, as latas rinse de min
entrechocando os seus cotenos amigables
e penso, luces, oh luces
onde vos metedes agora!
cando os meus peixes vos precisan alumándolles o camiño a casa.

Ao intentar ser violenta
sempre me quedo a medias
nun golpe indeciso e andróxino
porque eu non teño MES, nin forza para eles
só unha bocina de risa de bebé
e uns cascabeis cada vez que me fires
alegres
incertos crocodilos
e cada vez que o penso, aínda non teño imaxe
preciso dun animal que non sei producir
e os tolos non dan abasto con enxendros deformes
que parecen mukusulubas.

Pero non son, pero non son
porque os mukusulubas falan co corazón
non son.

E todo
soa
tan deliciosamente ambigou
que creo que vou amar a esa pequena criatura que se me pasea entre os dedos
ou ao gran monstro que ocupa o meu cuarto coa súa presenza claustrofóbica
amalas a ambas
xa que son a mesma.





[Ante isto vomitaron as medusas.]




...the roof is pulling off by it's fingernails

No hay comentarios:

Publicar un comentario