martes, 26 de abril de 2011

Srs. Anacronismos.




Pantagruélico!! Berrou Valle Inclán cando non tiña barba e sí un xarsei de rombos con codeiras e unhas gafas de pasta, e solto para o almorzo e para facer funcionar a gramola. Os anacronismos permiten sempre que estes dous (Rabelais e o pai da criatura hidrocéfala, enténdese) almorcen cada día co café, no café que estaba en Santiago, que os vou visitar eu tódolos xoves que non perdo os pés nas escaleiras e que non teño o cocodrilo moi deprimido e lle teño que ler a Calderón para que se sinta identificado, e pobriño el alí, embaixo da cama... comendo só papeis...(nin un triste reloxo, pero que rácana son!)
Cando de cando en cando aparece por ahí Audrey Hepburn cantando Moon River, (só nos vale a cantar Moon River ou aquela cómica de My fair Lady...just you "güait, enry iggins" just you "güait", [iso só cando toca humor antes de que Piedrahita a faga desparecer tamén coa súa palabrería, que o humor nunca está de máis]) nin o futuro siareiro da Alameda fútbol Club nin o novo cronista de Goliat poderán resistirse aos seus engados; desafortunadamente para eles e grazas de novo aos señores anacronismos que se sitúan moi discretamente nas esquinas cos traxes de felpa e os furóns nos petos, ela hai tempo que non quere saber nada, que se volveu amante e musa de Tamara de Lempicka e que fai o que máis lle gusta, posar en diváns, ser admirada e cantar punk (isto tinguida de vermello e con gafas de sol, para que non a recoñezan na Capitol).
Desgraciadamente os anacronismos hai tempo que quedaron sen traballo e agora estanse a recolocar como recolledores de perchas nas tendas de roupa, rizadores de leituga rizada, axudantes de ópticos que apertan os parafusos soltos da montura nun minutiño (e o cristal caído, o pobre, mentres o limpaban, ahí nú dende medio día e tí cegato, ou rei porque xa se sabe que no país dos cegos...[e só che falta unha lente, as dúas á vez xa é fatísica intervención dun souvenir de contrabando Asturiano que che saleu con becho]), técnico que mete os dedo no comediscos mentes xira para facer o efecto de alongar e embrutecer o son no cine e caixeiros de mercadona. Según.

Os furóns utilizáronos para o abrigo da señora esa que vai ahí. Non home, esas son estatuas, máis aló, mercando un xeado. Mira, agora está porfiando porque o fillo anda a mirar para os biosbardos eses verdes. Eeeesa.

Eu acórdome de cando ía almorzar con eles que ás veces viñan Lucía e Oliveira sen avisar para non ter que apretar a pasta de dentes dende atrás de todo do tubo.
Agora xa non veñen e eu quedo a lerlle o dichoso Calderón ao cocodrilo, que se está a volver gordo porque non fai máis que comer os peixes que me van morrendo na peceira. Menos mal que os vou repoñendo.

Eles comen tomates a mordiscos, con sal, coma o meu Gavrila.

No hay comentarios:

Publicar un comentario