Un elefante bebé
nunca machaca ósos adrede.
Un elefante bebé mata porque vai frío
e a carne está quente
e quizais entre o crobo vermello atope algún peixe
que aproveite e coxuntura (e o líquido).
No branco e negro dos cans
non se distinguen os fluídos vaxinais da propia dor
e eu non distingo o vómito das horas.
Pero un elefante bebé
mata aos nenos con cariño
masturbándoos suavemente coa súa trompa azul
colocándolles ben os chuvasqueiros amarelos.
Os nenos non deben perder o chuvasqueiro
nin seguir vivos moito tempo.
Un elefante bebé golpeándose nas esquinas de pedra
onde habitan as vellas pantasmas
coma heroes verdes.
Un elefante bebé habítame
buscándome no frotamento dun arco de cello
lambendo as bágoas nutritivas de entre a borralla
machucando todos eses corpos pequenos.
Eu estou.
Estou.
Eu.
*pum*
Así mellor.
miau miau miau miau
vou matar un gato laranxa, non mires.
Un elefante bebé.
Meu elefante bebé.
jueves, 19 de abril de 2012
miércoles, 14 de marzo de 2012
II
Son eu
o pequeno elefante azul
aparafusado da rabia
que gorgotea no almizcle das rúas molladas
(de tanto como xoveu)
Son eu?
E por iso me volvo madeira e vos esnaquizo
en follas douradas e cadáveres extraterrestres
por culpa dos significantes que debo destruír.
Chegou outra época de silencio entretecido
nas gasas de aceite, nos animais raquíticos?
Non respondas ou caeranche os dentes
pouco a pouco
sen que te des conta
e ao final todos estarán separados.
Mellor mastúrbate e bebe o teu propio azucre
para ser feliz.
Choro coa boca aberta por quilómetros
de sabas de pel quente
sobre as que rodar
e achegarme á intimidade verde do soño
e do bafo do can durmido.
E eu non sei se
estas
ahí
se che estou esnaquizando
se non debín vomitarche as horas
ou se vou arrincar esta pel azul de elefante na miña propia autodestrucción
(miña miña miña, por se non quedaba claro)
Pero existe o eixe precario dun torno
(arrincando metal e portas e chuvia de prata)
en domingos salvaxes que mostran o camiño das vacas verdes,
na seguridade dun palpitar alleo e ocre.

martes, 13 de marzo de 2012
I
Téñote aquí enredado
no nácar dun esquelete de elefante.
Raíces azuis despréndense dunha loucura
que non é máis que sucedáneo, non permite verquer o sangue
ou medirme os dedos.
Choro pequenos golpes de estrela
que sabe ambigua agora, a pesar de que da calor
e que era boa idea esa de botarse atrás coma
unha tristura de animal furioso
e reclamar tódalas horas
poñer mil anclas ao chuvasqueiro amarelo de Pescanova ou
sacar a man da cama (mi mamá me ama, mi mamá me mima, mi mamá mata ratas rojas)
para tranquilizarme con linguas de area.
E agora qué, eh?
Se xa non vexo ratas
nos arames
e todo son traxes grises que che quedan grandes
e che fan ollos de mediocridade.
Se che quitaron tódalas fodidas plumas,
e a min, tamén
e non podemos facer un espectáculo de coellos
e elefantes
e arañeiras e epístolas e sangue e area e flores e pedras e cordas e acenos e cuspe e pornografía e neuronas vexetais e prismas e alcohol e choros e tomates e seme e doces e peixes e laranxas e gasolina e todo
aquilo que che arrincaba dos dedos.
E se agora quedei sen animais
e son un fenec de grandes orellas que durme tranquilo
e me chega o inverno e as notas amables dos bechiños quentes e fetais
sen ollos
sen ollos.
E se só podo aprehenderche así? (che)
E se preciso unha chea de monstros, e crocodilos, e lesmas, e tentáculos no sexo?
E se preciso morrer?

martes, 28 de febrero de 2012
lunes, 27 de febrero de 2012
Razóns.
1. Quero bicarme na pelaxe suave dun espello
e ser árbore adicta a tódolos peixes.
2. Quero a miña pomba de marmelada de outono
e o cachorro areoso que me ensina o sangue das vesches.
3. Quero ter masa azul nas mans, adoquín nos petos,
animais no corpo e HEROÍNA.

jueves, 9 de febrero de 2012
Noxo. Mans.
Cando me retocen así as cordas azuis e che atopo de novo entre os lugares escuros
entón ven o crocodilo sen avisar
e da igual que diga que non
que non é momento vaite
que me arrica os dedos coa mesma facilidade
nunha infinita mostra do seu amor
e todo se volve neblina
(como onte pola tarde, víchelo?)
Pero ti non
ti non
ti debes conservalas túas mans
castigareino por isto a través do meu corpo
por moitas veces que quixese destrozarche as tripas para chorar sobre algo mollado
és un neniño de ollos de auga e debo tolear eu soa loitando contra monstros pequenos que me entran pola boca
e os oídos
pero ti non, ti non, ti non
perdóame.
Ti non.

sábado, 4 de febrero de 2012
Yesterday 3 (luz)
Por unha pomba xoven
bastarda
os dardos amarelos atravésanme cada mañan
nunha rexeneración de cascabeis.
Os monstros e eirugas metálicas
revólcanse entre os meus dedos coma cachorros.
Pasos lentos e son líquido
que rematará por afogarme
e as verbas dunha laranxa suicida
da forma cun milleiro de falanxes
a unha presencia
en tódalas esquinas
en tódalas letras
invisible
excepto para quen invoca a Tezcatlipoca cos dediños
e ve as chamas violeta de limpar os ollos
e un rabaño de pombas verdes e
grises
chían a súa redención
na roda de carro que se desmembra
coma un corpo humano vencido de heroína.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)