martes, 13 de mayo de 2014

Meditaciones.

Explícame cómo ser Momo
as 24 horas do día.
Vivir, e estar ahí.
Explícame cómo facer
que sirvan de algo as miñas accións,
os meus esforzos,
a miña existencia.
Porque me sinto derrotada e estou soa
e non quero estar máis que soa e derrotada
vendo pola venta un fermoso día de sol
sen futuro nen esperanzas nen corazón
sen puño.
Porque perdo e ao mesmo tempo non podo perder
e teño medo
das voces de tanta xente
e ás veces penso que preciso a Ibby outra vez
ao meu carón.
Ibby é a miña alma perdida
agora xa está sentada na esquina da cama
e dame as costas porque agarda a que vaia darlle unha aperta.
Ibby, con pantalóns curtos, tan guapa
con toda esa roupa que eu desexo
só porque desexo outra vida.
Pero non outra vida,
esta ten cousas fermosas.
Espertar ao teu carón, polas mañás
iso é fermoso.
Sentir o sol e saudar á xente pola rúa
iso é fermoso.
Mais non consigo quitarme da pel e das entrañas esa sensación
de ser un farrapo mollado
tirado á beira da rúa
e non existir
máis que como existen os buratos negros
ou o centro dos furacáns
existir só
como eu.

Sen nada que ofrecer.

Só eu.

No hay comentarios:

Publicar un comentario