domingo, 8 de marzo de 2015

As cousas que me gustaría que miña irmá pequena soubese.

1. Que a virxinidade non existe.
O paso dos biquiños inocentes ao sexo puro e duro pode parecer un gran paso para moita xente. Isto é así, coma sempre, porque así nolo venderon. O sexo non é un pene nunha vaxina e iso parécenos evidente a moitos (sobre todo o moitos que xa o vivimos) mais non tan evidente a outros e, sobre todo, outras. Todo é sexo señoras e señores. As caricias pola pel núa, os bicos electrizantes, a masturbación entre dúas (ou mais) persoas, o sexo oral, o sexo anal, os xoguetes, o sexo telefónico... mesmo a propia masturbación na intimidade do cuarto é sexo. Que é a virxinidade? Non é nada, non existe. Cadaquen ten a liberdade de desfrutar do seu corpo como queira facelo, con ou sen compañía, ao ritmo no que se sinta cómodo e a gusto. Tamén ten a liberdade de non facelo. Pero a virxinidade é unha pantasma que nos persegue, nada máis ca iso.

2. Que a primeira vez (que unha practica o coito) non doe.
A ver, en serio, non ten por qué doer, non ten sentido. A primeira vez adoita doerlle ás mulleres polo simple feito de que iso é o que agardan que pase, iso é o que lles dixeron que pasaría e, en xeral, están cagadas de medo. A ruptura do himen, que é algo que non acontece tan habitualmente como se pensa durante o primeiro coito, non é tremendamente dolorosa, de feito a moitas rapazas lles rompe durante a infancia ou practicando a masturbación sen apenas darse conta delo. Tampouco se ten por qué sangrar na primeira vez (normalmente tanto a dor como os sangrados non proveñen dunha ruptura do himen, senon de que os músculos vaxinais están tensos polo medo ou o nerviosismo e os tecidos vaxinais rompen lixeiramente). A clave está na confianza e na escolla. A confianza nunha mesma, sabendo que se ten o control da situación, e a confianza na parella sexual, que está ahí para axudar e ser axudado a que ese momento sexa pracenteiro. A escolla porque a muller debe desexar o momento da penetración, non acceder a elo como un trámite máis do encontro sexual. Desterra o medo e nunca sufrirás dor durante as túas relacións (a non ser que ti queiras ;P).
3. Que ela é tan responsable de pasalo ben como a súa parella de facerllo pasar ben.
Isto significa: non agardes a que a túa parella sexual saiba o que che gusta e como che gusta. Pode que nin ti mesma o sepas, non pasa nada. Pero un encontro sexual é sobre intercambiar información (íntima) co outro. Participa activamente, non te deites agardando un milagre. E sobre todo, fala!
4. Que non debe facer nada que non desexe facer nin forzar á súa parella sexual a facer algo que non queira facer.
Creo que isto non precisa moita explicación. Nin súplicas, nin chantaxes emocionais ou de outro tipo, se a persona manifesta claramente que non desfrutaría facendo iso NON o fai. Se ti sabes que non desfrutarías facendo iso NON o fagas.
5. Que o condón é un cortaroios e non se sinte igual, pero en moitos casos é ABSOLUTAMENTE imprescindible.
A ver, non somos parvos, o condón non mola. Inda que teña certo compoñente de xogabilidade o que nos gustaría de verdade sería poder facer todo a pelo sen riscos ningúns. Mentirlle ás novas xeracións dicíndolles que apenas se nota, que é o mesmo, é tomalos por idiotas, así non se educa. Pero en moitos casos o condón é 100% necesario, primeiro polo contaxio de enfermidades (non é ningunha broma) e segundo pola posibilidade de embarazo. O condón masculino tes que poñelo xusto no momento e inda que non son un home supoño que cubrir esa parte sensible do teu corpo cunha goma que apreta non debe ser a cousa mais agradable do mundo. Existe a opción do condón femenino, que podes poñer antes da relación sexual, pero se non era suficientemente caro de por si probablemente precises tamén lubricantes (de base acuosa). O que é moi importante ter en conta é que se te vas poñer un preservativo para evitar enfermidades con esa parella sexual deberás usala para tódalas prácticas sexuales que: impliquen contacto entre xenitais ou os fluídos destes (entre si), impliquen contacto entre xenitais ou os fluídos destes e a boca.
Por suposto hai opcións seguras para evitar o preservativo, e estas son, evidentemente: ter parella sexual estable, usar outro tipo de anticonceptivos e facerse revisións periódicas.
6. Que o/a xinecólogo/a non se vai escandalizar por tremebundas que sexan as túas aventuras ou intencións sexuais. Cóntallo e pregúntallo TODO. Está ahí para velar por ti.
Da igual o comprometidas e vergonzosas que sexan as preguntas que teñas, fainas, os xinecólogos estudiaron para que ti poidas ter unha vida sexual plena e segura. Inda que teñas que pedir cita para preguntar cómo facer X práctica de forma segura.
7. Que a regla non é unha maldición nin a cousa mais asquerosa do mundo: É tan só sangue e tecido endometrial.
En serio, que non pasa nada. Seguro que se caes no patio e raspas o xeonllo non che da tanto noxo.
8. Que tes dereito a vestir como che de a gana sen que ninguén teña potestade para abusar da túa confianza ou sobrepasarse contigo.
Como se entras espida nunha discoteca ás 4 da mañá, vale que eu non o faría por precaución e tal, pero ninguén ten dereito a poñerche un dedo enriba.  Tampouco está xustificado NADA sen o teu consentimento, e por iso é importante que ti mesma te comprometas a soster a túa negativa. Tamén tes dereito a ser respetada, vistas como vistas, e tes a obriga de non xulgar a ninguén polo seu xeito de vestir.
9. Que tes dereito a decir que non en calquer momento, e debes respetar o "non" do outro.
Da igual o momento, da igual que xa o fixeras antes con esa persoa, da igual quen sexa: ti decides SEMPRE.
10. Que os teus desexos sexuais están ben.
Está ben que teñas fantasías, está ben que te toques ou que deixes a outros que o fagan sempre que sexa o que TI queres e que o fagas de xeito seguro e con alguén que vaia respetar os teus desexos. Está ben ser sexual, ter ganas, ser promíscua ou non. Está ben probar inda que non te identifiques cunha sexualidade determinada e está ben que non probes se iso che causa rexeitamento.
11. Que todos podemos cagala: recorre a quenes poidan axudarche a facerte cargo do problema.
Todos cometemos erros, e inda que procuramos que non pasen, ocorren accidentes. Non teñas medo en acudir á túa familia, médicos... calquer persona adulta e comprensiva que che axude e che apoie no teu problema. Todo ten unha solución, pero soa pode que non a atopes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario