domingo, 9 de noviembre de 2014

Derradeiro poema nº3.

Se vísemos os ollos das cousas quizais
xamais nos sentiríamos sós.
Mais a soidade é unha pel que se habita incómoda
cando o anhelo nos enche de pequenas pinzas,
dos papeis do mes pasado, dos soños compartidos.
A soidade é falar de tempos remotos cun boli bic
agardando non morrer nas mans do outro
agardando non morrer no seu latexo incerto.
A soidade é unha capa crúa de escepticismo
contra os tanques que se apuntalan nas comisuras do corpo,
é o non durmir e o durmir, o respirar e exhalar
o fume vermello dun sangue roto.
A soidade é a pregunta con cen globos
que cantan e bailan entre estradas escuras
e a dor do sol que me queima, coma aos vampiros.
A soidade é a tenrura das mentiras
que protexen ao mundo de desfacerse en anacos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario