miércoles, 2 de noviembre de 2011

Peceiras de area/HEROÍNA/Recuperación das especies

Tiro ovos contra a miña porta
pensando nunha Ucrania de almizcle
pero esa cousa básica da canción italiana (que non son nubes).

Deixácheste atravesar pola liberdade do imprevisible
"non comías tomates para fuxir do frío?"
xuraches rendirte a unha apocalipse expansiva
"desprezar os crocodilos que che arrolaban amarelos?"
toda a HEROÍNA que atopo no teu cuspe
"antes nacían peixes das pálpebras"
non me dará o mundo a súa esencia animal
"nas esquinas, tarántulas apostan cans á túa espera"
ante unha hipocrisía inevitable
"o neon segue existindo por moito que o evites"
protección de cobre contra esas Ucranias
"espazos creados para protexerte delas"
maleabilidade de plastelina
"confucionismo de pombas mecánicas, rendición a Ehecatl"
debiches saber que un non lle gana, nunca, á HEROÍNA.
E que esta se atopa nas vísceras
dunha
enorme
balea.







E agora a peceira volveuse duna.

No hay comentarios:

Publicar un comentario