Transcrición do permisible.
I
[Introd. "Falar a morte con hilaridade é só virtude das sombras costumistas."]
Vou presenciar de novo sen a túa tinta
o espectáculo poético da praia en inverno
pura pornografía
mentres nenos anónimos recolectan falos de cores.
Observar o sórdido ávidamente
buscándote en cada dous centavos.
II
Escolle:
a) Unha tortura inhumana con maquinaria siderúrxica.
b) Lametazos de can que choren a túa area.
c) O estatismo de terme montado nunha enorme vaca gris.
II (2)
Tes tal habilidade de mollar cálidamente o que admiras
e de matarte nos teus asasinatos
que o crocodilo devórame PARA ela.
*está tan confuso que...
...
...amazed?
III.
Constrúo unha alma de madeira
repetición e estrondo
golpes de cores, contraste verde
acumulación e perda.
Mátote, non me vou esnaquizar.
Absorbo e toda esa cala.
Teño a fría sensación de ser completamente outras plastelinas.
[Ignorancia.
Que por estes catro segundos a
HEROÍNA és ti.
(...)
Xarsei de lana, viño
nos beizos de Mick.]
III (2/3)
Un plumífero augaverde, with no direction at all
para volver á infancia ególatra.
IV
"Plaxio a Amelie Nothomb"
Comerte a boca reduciría o capítulo 7 de Rayuela a inventario de carnicería.
V
Se me deito espida sobre cunchas
de pornogafía poética e
"ahh, ahh, aaaahhhhhhh
aaaahhhhhh ahhh ah ahhhhhh" (musiquiña de turno)
e cada pequeno corte é reflexo de mordiscos soportalinos,
¿entonces qué, eh?
No hay comentarios:
Publicar un comentario