"Non preciso que o mundo vexa que fun o mellor que podo ser
pero non creo que poida soportar estar onde non me vexas."
Cando a metade do meu hemisferio bota a ancla
e ilumina cunha luz que me dana os ollos
as mentiras constantes que me cantan.
Quero ser unha raiña dos vampiros
quero ser o norte que se me escapa.
Mire a onde mire sempre estas,
mire a onde mire,
invasion nas canles do meu pensamento.
Interrupcions da programacion pra recordarme
que existes
que quero contarche todo
e xa non podo contarche nada.
O suficiente.
Ser feliz.
O suficiente.
Ver a realidade.
O suficiente sufrir
cos dedos cheos de aire.
Voar, en fin, só voar.
Será pra min o suficiente
No hay comentarios:
Publicar un comentario