Levo un marmurio de río nas veas,
levo sobre min unha capa dourada
onde gardo os nomes e as penas
onde apreixo con urxencia o teu fado.
Porque quen é como é só é
e quen non é como é, desangra
este mundo de béstas e mais criaturas
xenuinas como papel mollado.
Levo dentro un montón de latexos
que roubei, non sei onde nin cando
pero cando me cantan non sei xa bailar
e o mundo semella mais parvo.
Maldita hora na que se esnaquiza unha cunca
que contén os relatos do mundo
dende o centro do mar mais profundo nos berra
a chamada a un longo porvir.
Eu entender non entendo, escoito ás veces, nas noites caladas
agardando levantarme polos ceos negros,
levarme comigo a cousa mais preciada.
As rúas están cheas de pedras, o futuro está cheo de nada
as follas que secan son divertimento
para as fillas das almas cansadas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario