jueves, 16 de abril de 2015

Eu teño un dardo no peito
que ninguén pode sacar
que rabuña nos meus soños
un berro de poliexpán.
E os ourizos do meu pelo
se desprenden dos seus labios
non comprenden os agravios
dunha noite sen voar.
Escoitame lúa fría,
equípame de aspereza
nesta gorxa que desleixa
os praceres dunha man.
Por  amarrada e escondida
desistín eu do meu pranto
que nos peixes amamanto
foxas secas dunha mar.

Escoite entón eu as pegadas dun abismo
non sobrevive quen non pode consigo mismo.


No hay comentarios:

Publicar un comentario