sábado, 20 de julio de 2013

(Sobre un poema anterior que hei de atopar...)

E hoxe, que sei que non perderei a ninguén
que me sinto segura sobre os meus pés
con toda a miña febleza
e que che digo sen dúbida cousas tontas.
E hoxe, que quero simplemente esquencerme do mundo
e que mañán e pasado mañán e ao outro tamén quererei facelo
que agradezo ter boas razóns para non saír da casa
e poder estar simplemente aquí.

E agora que me dou conta
de que nunca poderei darche de lado
inda que todo sexa peor
mesmo quizais inda que ti o desexes.

É agora cando me dou conta de que é certo iso de que
me gardas en ti
como me garda un poema
que non podo afastarme
porque de veras me desangrarei no ascensor
por non deixar as escaleiras porcas.

domingo, 7 de julio de 2013

Locura transistoria (extra confesional).

E o peor de todo foi
adorar o café, a herba, e soidade e a noite negra.
O peor foi darme conta
do adorable que era.

Locura transistoria.

A noite é moi estraña cando che dan de patadas as palabras dun señor que move demasiados músculos para decir "non" e "rotuladores carioca". Así que puiden saír de alí cun suspiro de alivio
e confusión dun tempo perdido pero precioso.

Igual saín á rúa en busca dese tempo perdido e de esperanzas
co meu mellor amigo da alma
como se fose un cervo sabio que camiña ao meu lado.
Igual foi por inmiscuirme en asuntos alleos, pola miña necesidade de
estar
alí
xa que non podía estar en outro sitio.

E entón había represión das palabras, que apenas se me escapaban da boca como demos espesos, que me doían por dentro, que só podía falar demasiado alto.

E estaba o emisario de pelo violeta
como se fose o representante
dun anxo
o embaixador de que non estabas. E o emisario era fermoso
pola túa culpa
porque ti non estabas para selo.

E todo tiña regusto a licor café,
e a herba e a noite negra e a miña soidade en compañía
e o café e a herba e a soidade negra e a noite en compañía.

E era unha dor aguda como apendicite
sen nada que extirpar.
E ti a horas de distancia cara atrás e cara adiante, as horas meu!!
e tiña que necesitarche nese sandwich da noite
no que xa estiveras
e no que estarías despois
pero no que non estabas agora.